Morte e sentenza

Lois Pereiro

No caso da intoxicación de Lois Pereiro ocorre que tanto el coma os seus compañeiros de piso, ou os veciños que mercan o aceite de colza, presentan os síntomas do síndrome, que era unha das rarezas atopadas polo doutor Antonio Muro, no sentido de que en moitas familias supostamente consumidoras do mesmo aceite, só un dos seus membros desenvolvía a enfermidade.

Iago Martínez, que o coñece neses momentos conta que “daquela o aceite vendíase na porta das casas, era unha cousa bastante normal, sobre todo en Madrid. A eles venderónllelo os butaneiros e comezaron a cociñar con el”.

Un médico de Lugo que é consultado pola familia cando o poeta comeza a presentar os síntomas, rexeita a información que estes lle aportan dicindo que Lois responde ás características da intoxicación da que falan os medios de comunicación.

O irmán do escritor, o xornalista Xosé Manuel Pereiro lembra que “ao comezo non sabía que era, e recordo a ollada que me botou un médico en Lugo cando lle dixen que os síntomas que tiña eran os daquela enfermidade que había en Madrid”.

Non así José Pedreira Andrade, que o atende no Juan Canalejo, actual CHUAC. Este médico soubo distinguir entre a sintomatoloxía do síndrome e a infección do VIH e a hepatite.

Andrade destaca no seu momento a loita coa que Lois Pereiro reacciona fronte á enfermidade. Despois de trece anos de contacto co monfortino, defíneo como un pesimista con moitas ganas de vivir e un paciente disciplinado que leva ben o seu tratamento, axudado sempre de manera extraordinaria por súa nai.

A súa morte ten lugar o 24 de maio de 1996, o mesmo día no que se fai pública a sentenza do SAT, Síndrome do Aceite Tóxico.

3 Comentarios a “Morte e sentenza”

  1. SEito

    Admin.
    Elle Pedreira Andrade e non Pereira .

  2. admin

    Ten razón, é o doutor Pedreira Andrade. Síntoo. Xa llo direi ás fontes coruñesas de onde procede o erro. (Correxido no artigo).

  3. SEito

    As fontes de Garabolos de Mar, ou as pecharon, ou non son aptas pra o consumo humán . Por non teren, casi nin auga lle poñen a de Catro Camiños .

Comenta