O gobernador académico

Enrique Otero Aenlle e a súa muller na presidencia do Emma Cuervo do 1965
(Fotografía de Antonio Pertejo)

Otero Aenlle foi investigador do Consello Superior de IC, colaborador do Instituto Pasteur, especialista na análise de graxas, ceras e aceites, e autor de dúas ducias de traballos no eido das súas especialidades, amais de varios discursos históricos e de vangarda científica, como son Orden y estabilidad en los sistemas biológicos, que pronuncia para o seu ingreso na Academia de Doutores, e Momentos estelares de la ciencia, para o da Academia de Farmacia.

Nesa ocasión é entrevistado por El País sobre a mecánica cuántica e ondulatoria, aínda que a teoría de Max Planck estaba a piques de cumplir xa os 75 anos e Otero a abordara en anteriores traballos.

Tamén daquela dá conta das estructuras disipativas do físico-químico belga de orixe rusa, Ilye Prigogine, o mesmo ano no que este merece o Premio Nobel de Química por tal motivo.

_Dito queda para un mellor coñecemento dalgún dos que foron os nosos gobernadores civís, e ata o segundo terzo do século XX, presidentes da Deputación provincial ao mesmo tempo _ di Castro _. Poucos, agás Ferreiro, Otero Aenlle e Barrera Maseda, procedían ou tiñan algún vencello anterior coa provincia de Lugo, un dos requisitos que durante tempo impoñen os sucesivos gobernos para nomealos. Ese perfil que precisa dunha orixe allea finaliza coa creación da figura do subdelegado do Goberno, cando comeza a ser de obriga que o nomeado pertenza de nacemento á súa provincia.

Historiadores das capitais limítrofes con Madrid quéixanse de que Toledo, Ávila, Segovia… nunca tiveran gobernadores de seu pola proximidade e dependencia de Madrid. Que non podería dicir Lugo nese sentido? Para mañá Castro promete unha coda bufa.

Comenta