O nabo naval

Fole, Sánchez Carro, Ameijide, Trapero, Puro Cora, Gallego Tato, Azcárraga, Pedrosa Latas, Armesto Buz y Rivera Manso

De José Luis Azcárraga y Bustamante cóntase aínda hoxe un chiste que el fai para explicar a súa chegada ao Goberno Civil de Lugo a principios dos anos sesenta.

_Sendo eu da carreira naval, o lóxico é que fose proposto para este cargo nunha provincia nabal como é a de Lugo.

Castro aproveita para facer chacota sobre chacota e di:

_Nabal ven de nabo, como o lector avisado non dubidará a pouco que coñeza Lugo, aínda que posiblemente, nin o lector nin Azcárraga tiveran presente que a terceira acepción de Nabo, tanto no DRAE como no DRAG, unha vez resolta a súa definición como raíz grosa de planta crucífera, é Pene. Isto é, o gobernador podía estar dicindo que a súa provincia de destino era unha terra de penes, ao tempo que tiña a todas as forzas vivas de Lugo sentadas no Salón Rexio do Círculo das Artes para aplaudilo, bispo e directiva de Acción Católica incluídos.

Os resultados foron dispares. Houbo quen viu nese xesto unha proba de bonhomía, ou mesmo de aperturismo; e houbo quen non tiña o corpo para fandangadas, especialmente se viñan da boca do gobernador civil da provincia.

Sexa como fose, o episodio ten o seu aquel desengraxante por suceder no ano 1961. Decátense vostedes de que pouco despois, Azcárraga vai ler en Barcelona o seu discurso titulado El poder naval como fuente de trabajo, diante de Luis Carrero Blanco, Pedro Nieto Antúnez e Camilo Alonso Vega, que non eran precisamente os sorrisos do réxime como Solís. Daquela, o exgobernador de Lugo coida con moito agarimo que a palabra Naval vaia co uve, non fosen crer as autoridades que estaba a facer un cántico de loanza ao poder do nabo.

Comenta