Mala madre
Luis Tosar interpretando o personaxe de Malamadre
Antes de chegar a Lugo, na historia do gobernador Precioso interveñen multitude de personaxes, entre eles algún da provincia, como Prudencio Iglesias Hermida; ou galegos de aparencia e conduta atrabiliaria, como Basilio Álvarez, protagonista dunha pelexa a puñazo limpo no propio despacho de Luis Antón del Olmet, do que se lle ve saír envolto no manteo e coa tella na man, saudando aos outros xornalistas coma se viñese de dicir misa, e non de hostiferar ao director do diario, que era El Parlamentario, se a memoria non lle falla a Castro, e non acostuma.
Outra das causas do asasinato, se cadra a que máis ferida fixo nos atormentados miolos de Vidal, foi unha suposta crítica de Olmet a certa maneira de comportarse coas obras recén estreadas, publicada días antes de que o asasino levase ao teatro Eslava Los gorriones del Prado, que foi un rotundo fracaso e que na súa teima, de el fai responsable a Olmet.
Martínez Sierra, que nin foi autor da súa propia obra, porque para iso tiña a seu carón a María de Lejárraga, pero que gozaba de bo ollo tanto para o teatro, como para as mulleres, dixo que non tiña envexa de ningunha obra de teatro que se houbese escrito xamais, agás de Los gorriones del Prado, de Vidal y Planas, o cal pode explicar as razóns de que fose retirada do Eslava aos cinco días: Era boa.
Olmet suscita máis xenreiras que simpatías ao longo da súa vida, por moito que en Galicia os máis inxenuos falen do seu paso pola terra como o dun galego de adopción que soubo interpretar o galeguismo coma ninguén.
Se cadra o que sabía facer ben a vítima do Eslava era manexar as palabras ao seu antollo, pois alguén lle contoue catro admiracións políticas sucesivas e contradictorias.
Castro apunta outra conexión lucense: Olmet escribe Mala madre, oitenta anos antes de que Luis Tosar sexa Malamadre.
28 de Julio , 2013 - 6:13 am
Me encanta que escriba usted en gallego, pero me gustaría que hablara de las noticias actuales, como el descarrillamiento de Santiago de Compostela.
29 de Julio , 2013 - 18:21 pm
Sintoo. Hai un mes que non trato deses temas. Seguramente dentro dun tempo, cando rematen as investigacións do doutor Castro, volva á actualidade. Non hai présa… E grazas polo comentario.