Viaxe de Ortega

Ortega dicindo: No es eso, no es eso

Luis de Armiñán foi gobernador 29 días, pero seguramente o primeiro deles, o da súa chegada, é o que máis documentado está de todos cantos viaxaron para ocupar ese cargo en Lugo.

Isto é así grazas ao libro de memorias que escribe o seu fillo Jaime, no que aparece cunha gran profusión de detalles a viaxe Madrid-Lugo que realiza cun chofer, o seu tío Pepe e un misterioso matrimonio, que tempo despois logra idetificar con maiúscula sorpresa como José Ortega y Gasset e a súa muller, Rosa Spottorno.

_¡Iso quere dicir que Ortega estivo en Lugo polo menos unhas horas! _ exclama Castro coma se viñese de descubrir o Pacífico, e vendo a miña cara de abraio, engade _: Saiba vostede que Lugo foi unha das poucas cidades que en 1982 festexa como merece o centenario do nacemento do filósofo, a quen os lucenses dimos unha rúa e os profesores de Filosofía, entre eles o alcalde Orozco, un libro que se chamou, creo, Homenaxe a Ortega y Gasset, que aínda que o alcalde non me lea no bufete, eu si o leo a el.

_Non bote as campás a repicar tan axiña. Se Armiñán o di no seu libro, outros moitos o terán dito tamén.

Pero Castro colle a vía e segue por Ortega.

_Que eu saiba, e sempre estamos aquí para corrixilo, nin co gallo da homenaxe, nin antes, nin despois, ninguén fixo referencia a que Ortega pisara terra de Lugo para traer ao pequeno, agás o propio Armiñanciño, ¡carafio!

E prosegue:

_Daquela xa estaba desencantado coa República. Deixara de ser deputado por León e xa dixera no Ateneo o discurso da Rectificación de la República, onde pide aos auténticos republicanos que rebaixen radicalismos na argamasa do novo Estado e utilicen máis a alegría, porque senón, co tempo, podía pasar o que pasou.

Ortega visionario, como non podía ser doutro xeito.

4 Comentarios a “Viaxe de Ortega”

  1. sergio

    Ortega anduvo alguna otra vez por aquí, según creo. La revista La Estampa publicó en 1935 un interesante trabajo de Pío Baroja, que recorrió en automóvil la ruta del caudillo carlista Gómez. Hasta donde sé, uno de sus acompañantes era Ortega.
    Por cierto que Don Pío se pronuncia en términos bastante elogiosos respecto a nuestra ciudad.

  2. admin

    A Sergio.
    Ten vostede toda a razón. Ortega conduce no seu coche a Baroja nesa viaxe neocarlista para La Estampa, aínda que é anos despois da chegada de Armiñán, no 1935. A única posibilidade de que non sexa así é que Ortega tivera que regresar a Madrid e Baroja quedase cun chofer antes de chegar a Lugo, pois non hai rastro da súa presenza na cidade e sí de Baroja, mesmo con fotografía. O doctor Castro segue na teima de atopar probas desa outra visita de Ortega, ou de outras en distintas datas. Unha aperta.

  3. SEito

    Por qué será, que seguen a non untilizar a alegría ? .

  4. admin

    A que alegría se refire?

Comenta