Dunha a outra muralla (IX)

O Pazo de Orbán renace coa fonte da Porta Miñá

As familias Franco e Ciges tiñan coincidido en Baleares o ano 1933 e a relación que manteñen é boa. Daquela ambos os dous están no mesmo bando como servidores da República, aínda que sexa desde ideoloxías ben distintas. Ciges identifícase máis con Ramón Franco, o aviador que casualmente vai morrer anos despois nas augas próximas ás illas, nun accidente que o fundador de Spantax e tamén piloto, Rudy Bay, non dubidará en cualificar de asasinato e sobre o que Castro quere volver outro día, “polas conexións lucenses que ten”.

_A que se refire con tanto misterio?

_No mesmo avión que Franco viaxa o teniente de Navío Melchor Sangro Torres, fillo de Pedro Sangro y Ros de Olano, marqués de Guad-el-Jelu, descendente de Juan María Quiroga y Gómez e de María Jacoba de Sangro y Taboada, propietarios do lucense Pazo de Orbán e Sangro, e parente pola mesma razón do coñecido xornalista Melchor Miralles Sangro, que estivo en Lugo convidado por vostede…

_Entendo… e o misterio?

_Na morte está implicado o seu irmán, de quen sen dúbida tamén escoitou falar, Paco Franco.

_¡Curullu!

No cemiterio de Ávila aparece o corpo de Manuel Ciges cun disparo na caluga, e aínda que os resultados son os mesmos, non se pode dicir con total impunidade que o exgobernador de Lugo recibise seis ou sete proxectís dun pelotón por diante, se perde a vida cun só, e por detrás.

Non se pode soster, como fai Luis Antonio de Villena, que Ciges é “brutalmente fusilado”, e non por quitarlle ferro ao asasinato, senón por respostar á realidade. Segundo ten ben estudiado Jesús Arribas, o gobernador que vai de muralla en muralla foi posto en liberdade, e pasaportado como Miguel Ángel Blanco, na cidade onde non hai prostitutas, de acordo cun cartel chantado en Ávila durante moitos anos.

2 Comentarios a “Dunha a outra muralla (IX)”

  1. Maria Celia Forneas

    Me gustaría saber la fuente de estas historias. ¿Sería posible conocer esta información?

  2. admin

    Querida María Celia, as fontes utilizadas polo Doutor Castro son absolutamente fiables e dalgún xeito, confidenciais. Non obstante, xa que no artigo se fala de Rudy Bay, de Ramón Franco, Ciges, os Sangro e Melchor Miralles, pode imaxinar que é máis dunha. Por exemplo, as declaracións de Rudy Bay sobre a morte de Ramón Franco están publicadas pouco antes da súa morte, a de Bay, e non son ningún secreto. A xeneoloxía dos Sangro, tampouco e as circunstancias da morte de Manuel Ciges son de boca de seu fillo Luis. O resto…

Comenta