A unha ducia de metros (III)

Julio Pérez de Guerra

Castro reconstrúe os acontecementos a medida que incorpora novos datos á investigación. Logo de que Pereira comeza a dar aulas no Campo da Vila, moitos dos nenos que van onda Ledo deixan de acudir e fanse alumnos do novo mestre.

Probablemente Ledo é un daqueles mestres de ferrado que hai pouco estuda polo miúdo Narciso de Gabriel. Xente que vive do pago en especie dos seus alumnos, polo que un competidor como Aniceto Pereira pon en perigo a súa subsistencia.

A desgraza para o mestre Aniceto foi que nese mesmo tempo regresa a casa de Ledo seu fillo José Daniel, de 35 anos, precedido dunha sona de terrorista que leva a cabo, segundo algunhas fontes, en Uruguai, Cuba, Estados Unidos e o norte de España. Castro imaxina a conversa entre pai e fillo, comentándolle aquel as súas dificultades económicas e o resumo final por parte deste:

_Déixamo da miña conta. Isto o amaño eu.

A detención foi inmediata. Todos os veciños sinalan ao fillo de Ledo como presunto autor da morte e a Garda Civil lévao ao cárcere de Chantada, onde amosa unha sorprendente tranquilidade, segundo conta D´Orca na súa crónica.

No posterior xuízo, a defensa corre a cargo de Marcelino Dafonte, pai do exconcelleiro de Lugo Carlos Dafonte, e a acusación privada está en mans de Prieto Rivera e mais de Julio Pérez de Guerra, que moitos anos despois lembra o caso nunha entrevista realizada por Paco Rivera Cela para o seu libro Lucenses. Pérez de Guerra desvela un dato que daquela se agocha polo seu carácter macabro. Di o avogado e xornalista que a cabeza do mestre foi recollida a doce metros da peza da casa onde ten lugar o estourido da bomba.

Debido ao pouco tempo que leva no ensino, a súa viúva non ten dereito a pensión e os seus colegas lucenses promoven unha colecta ao seu favor.

2 Comentarios a “A unha ducia de metros (III)”

  1. scéptika

    Preciosa, mi don Cora, la historia. Gozo con su idioma y como ha dejado dicho doña Maria Celia, si no me atrevo a falarlo, xa me dirá que aún menos me atrevo a escribirlo.

    Me quedo sin saber si la cabeza voladora del cuitado fue víctima de algún desafuero posterior. En algún penal del Cono Sur hay quien ha jugado al fútbol con semejante trofeo.

  2. admin

    Grazas.
    A cabeza foi recollida co resto do corpo de don Aniceto e soterrado no adro cemiterio de Santa Uxía de Asma, Chantada.
    O Dr. Castro permanece en contacto co neto do mestre, José Pereira Díaz, de quen espera recibir en próximas datas unha fotografía de don Aniceto e a súa muller, Candida.

Comenta