A Volta a Galicia: 63/ A Tabernas coruñesa

 

Emilia Pardo Bazán

Na rúa Tabernas está a casa de doña Emilia, e na casa de doña Emilia está a Real Academia Galega que hoxe preside o Ferrín.

_¡Xa me poderían alugar a min o sobrado!

_Cale, Pelúdez; que vostede todo o examina pola lei da Vivenda e Solo.

_Non lle digo que non. Voulle preguntar a esta moza tan esvelta se teño algunha posibilidade de ocupar a solaina.

A moza á que me refiro é Julia Santiso, a conservadora da Casa-Museo de dona Emilia Pardo-Bazán. Adiántome á patulea dos científicos e dígolle á Julia:

_Tendo como teño tantas concomitanzas coa condesa, ¿por canto me deixa o rocho?

_¿Vostede tamén é parente dos Pardo-Bazán? Coñecemos a máis de sete mil.

_Non, señorita; o meu é moito máis profundo. Voullo expoñer: ¿Non lle gustaba moito a ela a cociña? ¡A min tamén! ¿Non lle gustaban as cousas claras e o chiculate mesto? ¡A min tamén! ¿Non falaba de Galicia? ¡Eu tamén! ¿Non era a muller máis ben repoluda, baixa de cu e alta de testa? ¡Eu tamén…!

_¡Pelúdez!

Non me deixan rematar a exposición, e como non é cousa de facer máis polo piso, vou ver as pinturas da familia que teñen por alí.

_Un dos principais libreiros de Madrid hai un século, don Fernando Fe, papou un banquete no Lhardy grazas a superstición da condesa.

_¿Como foi iso?

_Cando un día a escritora chega a ese restorán e comproba que hai unha mesa posta pra trece comensais. Bota a correr, sae á Puerta del Sol e busca a alguén que poda sumar catorce e desfacer o meigallo. Fernando Fe era a persoa ideal.

Julia agasállanos cun conto da Pardo-Bazán no que fala das súas relacións co 13, e con el na man, un por un, fomos saíndo de Tabernas, máis formaliños que nenos tarsicios.

Chove e o Varela semella ser o mellor destino.

Restaurante Llardy

2 Comentarios a “A Volta a Galicia: 63/ A Tabernas coruñesa”

  1. SEito

    As veces estimado Pelúdez, dende os mirador do xardín de San Carlos vense os fojos do San Froilán, nos ollos dos que emijraron pra América collendo o barco no porto de Garabolos de Mar. Pois mira pro este, que é onde queda Betanzos ( o porto mais vello de LU ) e pra a Costa da Sal, camiño da muralla.

  2. retail electronics stores

    This is the best weblog for anybody who needs to seek out out about this topic. You realize so much its virtually onerous to argue with you (not that I truly would want…HaHa). You undoubtedly put a brand new spin on a subject thats been written about for years. Great stuff, just great!

Comenta