A Volta a Galicia: 61/ Os Rubens da Coruña

A Aurora

É luns. Os museos pechan, pero nós estamos a piques de entrar no de Belas Artes da Coruña que dirixe a lucense Ángeles Penas Truque.

Os luns son días reservados pra que nos museos ocorran cousas imposibles os outros días. Por exemplo, que anden aos choutos polas súas salas un fato de científicos coma nós, mirándolle por debaixo das saias á raíña Isabel II, ou a Concepción Arenal, que aínda sendo traballo de moito mérito, non deben ver os menores de certas idades.

Diante da porta, vai o historiador e di:

_Este museo é froito dun roubo.

_¡Carafio! _ contéstolle eu sen me repoñer do salouco provocado _. Iso é de xulgado de garda. ¿Non che darían Azpilicueta no almorzo?

Como xa estamos dentro, saúdanos a directora cun gran sorriso na faciana e coa amabilidade nos beizos:

_Benvidos ao museo.

Aproveito o meu turno e pregúntolle:

_Imos ver, directora; este home mantén que o museo existe por un roubo, ¿que lle parece?

_Pois que en certo sentido ten toda a razón. As novas instalacións do museo inauguradas en 1995 apróbanse despois de que na anterior sede alguén roube dúas pinturas de Rubens, a Aurora e o Labirinto de Creta.

_¡Aaah!

O primeiriño que os científicos queren facer é ver eses dous cadros de Rubens, se cadra por medo a que os roubens outra vez.

_Ao redor dos cadros hai unha historia sorprendente.

_¿E logo?

_Sorprendente foi o xeito co que actúa o ladrón, e tamén como son recuperados anos despois, cada un nun país. Pero o que chama máis a atención é que durante o tempo no que desaparecen Dédalo e o minotauro na Coruña, en Lugo aparece o mosaico de Dédalo e Pasifae, que trata do mesmo mito.

_¡O do touro e da vaca, non digas máis!

Dédalo e o minotauro, ou O Labirinto de Creta

2 Comentarios a “A Volta a Galicia: 61/ Os Rubens da Coruña”

  1. How To Get Rid Of Bad Breath

    Thanks for this superb article. Hey It helped a lot. All in a nutshell.

  2. engagement rings

    Good article , thanks and we want more! Added to FeedBurner as well

Comenta