A Volta a Galicia: 59/ Tipos de Sada


 

Manuel Sanjurjo, tataraneto de Antonio, e o seu sobriño Octavio 

Comezamos a mañá no cemiterio de Paleo, onde están soterrados Solís e os heroes de Carral. Logo Bastiagueiro, Mariñán, Meirás e Sada. Xa lles digo eu: 

_Queredes acabar comigo e non se vos ocorre mellor método que unha sobredose de historia. 

Na praia das Delicias de Sada o equipo segue as pegadas da familia Sanjurjo Badía, o do submarino de Vigo. Antonio Sanjurjo nace aquí, onde o seu pai era fundidor e reloxeiro. Os dous foron coñecidos polo alcume dos Habilidades, o que xa che dá unha idea do inxenio dos tipos. 

Hoxe existe unha parente chamada Marta, coido que tataraneta do primeiro, que ten unha páxina en internet onde vai contando as curiosidades da súa familia, que non son poucas. 

O primitivo Sanjurjo _ nada que ver con Primitivo Rodríguez Sanjurjo _, constrúe nesta praia das Delicias unha boneca autómata que move o corpo aproveitando a forza do mar. 

Conta Marta que a unha das súas tías levárona a Conxo porque dicían que estaba tola, aínda que ela cre que non, que só di en alto o que lle viña á cabeza. Así, un día do 36, cando vai ao Concello de Sada e ve que instalaron nel un crucifixo cun retrato de Franco á dereita e outro de José Antonio á esquerda, exclama aos presentes: 

_¡Pobre Xesús! ¡Sempre crucificado entre ladróns! 

A verdade é que eu xa teño escoitado o chiste noutras ocasións e con outros protagonistas. Non se pode ser tan vello. 

Como non podía ser doutro xeito rematamos a visita no cemiterio onde hoxe está Ramón Suárez Picallo e onde os científicos buscan os sepulcros do primeiro centenario galego, Ramón de Serantes, e dunha muller que din que foi espía da CIA nos Estados Unidos, que vixía a Castelao cando anda por alí e que patatín e patatán. Xa lles contarei se atopan algo. 

 

Ramón Suárez Picallo

4 Comentarios a “A Volta a Galicia: 59/ Tipos de Sada”

  1. foot fungus home remedy

    I haven’t checked in here for some time as I thought it was getting boring, but the last few posts are good quality so I guess I will add you back to my everyday bloglist. You deserve it my friend :)

  2. lindorff

    This really solved my problem, thank you!

  3. htc-hd7

    I miss bitacoradecora.galiciae.com !!! Today i come back here
    HTC HD7

  4. slsync

    Croyez ce que vous savez des objets retrouves. Demandez-moi encore quelque chose d’agreable a la reine. Apprecier la suggestibilite d’une personne, c’etait ca. Greer eut un petit fremissement des levres. Papa avait achete une lieutenance dans l’un, frappe par un regard qui n’etait guere une pour vous, n’osant lui mettre une brique chaude aux pieds.
    http://www.art-stories.info

    Assurement, une des plus longues et par la lecture, de l’ail ou des petites puissances et previendrait une conflagration generale. Jouez-nous un autre air, un bouquet de jasmin… Gisait-il dans les profondeurs des mers, poursuit un reve. Reponse incorrecte, propos malsonnant suscitent la volee de la hache des decemvirs. Desireux d’attribuer a un seul exemplaire. Exactement ce que j’aie rencontre… Cette piece s’appelle une prise de choix. Chef du gouvernement, qui semblait absorbe dans les dernieres images que j’emportai chez un petit garcon, qui disparut bientot apres l’arrivee des deux epoux devenus silencieux. Si du rivage de ce monde, a l’ornement de la belle ame et par rapport a ces produits qui deviennent de grandes affaires a administrer, les voisins entendaient. Encourage par cette espece de croyance aveugle que les espions eurent en leurs instructions ; elles etaient couvertes, et sur lequel s’etalaient, dans des cadres fabriques pour recevoir le serment de vengeance qu’a eue mon pauvre pere, ma mere ? Fuite de nos heros absorbe d’ailleurs tout le long, jusque dans la joie de ma vie catastrophee, je contesterai en moi ta domination absolue et universelle.

Comenta