A Volta a Galicia: 58/ As traxedias de Sofán
Á dereita da igrexa, o antigo cemiterio de Sofán
Aló polo ano de 1919 houbo en Sofán de Carballo unha masacre da que mellor sería non ter falado nunca. O caso foi que os científicos andaban interesados nas condicións de salubridade dos cemiterios e alí que fomos cos nosos bártulos.
Nesa data, a autoridade clausura o cemiterio a carón da igrexa por razóns de hixiene. Prohíbe que se enterre máis xente naquela terra sagrada e abre un novo camposanto ao pé da estrada. Os veciños de Sofán, ao menos algúns deles, non teñen a máis mínima intención de facer caso do disposto e moitos seguen a soterrar no antigo, aínda que fose en cerimonias nocturnas.
No último episodio do contencioso, a Garda Civil protexe o enterro dun neno chamado Xesús Loureiro no novo cemiterio. As mulleres opóñense, hai tiros e morren catro delas. Ninguén foi quen de evitar a traxedia.
No adro da igrexa está o actual párroco de Sofán, Jorge Iglesias Negreira, que agarda por nós todo amabilidade. Aínda que chove, achegámonos ao camposanto do conflito que hoxe é un fermoso xardín con especies moi variadas.
_¡Que traxedia tan galega! ¡Morrer pola terra dos mortos!
_Calvo Sotelo leva o caso ao Congreso con duras críticas prós axentes gubernativos.
Logo dun tempo connosco, o párroco descúlpase porque ten que atender un oficio e non poderá vir na visita ao outro cemiterio, o novo. Despedímonos e marchamos cada un ao seu.
Cando chegamos non hai ninguén, de xeito que os científicos pescudan o que traen entre mans coa liberdade que lles dá o permiso do crego. De súpeto aparecen tres homes con cara de facer roxóns sen pasar antes pola mata.
_¿Que carafio fan vostedes aquí? _ di un deles.
_¡Somos científicos e temos a licencia de don Gorge! _ bérrolle eu antes de que haxa outra traxedia en Sofán.
24 de Octubre , 2011 - 22:38 pm
I’m really impressed with your writing skills as well as with the layout on your blog. Is this a paid theme or did you customize it yourself? Anyway keep up the excellent quality writing, it is rare to see a great blog like this one these days..
22 de Noviembre , 2011 - 6:02 am
Awesome job on this post.