A Volta a Galicia: 57/ Os museos de Oleiros
José Mª Kaydeda
Teresa Jorge, a viúva de José María Kaydeda, pode ser a única persoa no mundo que teña dous museos.
Quedamos con ela en Oleiros e primeiro levounos ver o que ten na casa, onde amorea a colección de obxectos estraños, raros ou curiosos que seu home foi xuntando en vida. Hai desde bonecos prá facer vudú, ata crucifixos románicos, pinturas de Kaydeda, os libros que editou _como a edición facsimilar do Codex Calixtinus, a Ars Magna de Raimundo Lulio, o libro dos Apócrifos _, e centos de cousas máis.
O que chama a atención dos científicos é a colección de reliquias, unha das afecciones máis queridas de Kaydeda, aínda que non era precisamente unha persoa crente, como se deduce da súa militancia comunista.
_Tiña esa dobre posición ante a vida _ di Teresa _, porque José María era fundamentalmente un humanista interesado por todo.
A colección de reliquias sorprende a todos os presentes cando Teresa comenta que entre as pezas que a compoñen están os cravos da cruz de Cristo, o prepucio do Neno Xesús e un hime dunha das once mil virxes de Colonia.
_¡Pois non sei que fai tanta xente no Obradoiro de Santiago! ¡Tiña que vir a Oleiros a ver a estatua do Che e mais o museo de Kaydeda! _ exclamei diante de aquelas caixiñas cheas de misterio.
Logo fomos ao Pazo de As Torres onde está o segundo museo de Teresa e José María, o das sete mil pezas de oleiros que eles foron recollendo por todas as provincias españolas e que agora poden verse no lugar máis axeitado prá unha colección así, Oleiros.
_É coma se instalas o museo de don Heraclio Fournier en Baralla.
_Cala, Pelúdez; que nos perdes.
Xa contra a tardiña achegámonos á igrexa de Santa María de Cambre, xoia do románico, como dixo o historiador.
Edición dos Apócrifos
25 de Junio , 2010 - 14:32 pm
Ajora vai resultar que Pelúdez e aplaudidor da tribu exclusiva ddos e “o teu e meu cando o dija eu, e non penses, que xa o fajo eu, po los dous” .
Teñen pra estatuas do Ché mentras hay camiños sen asfaltar coma estaban hay trinta anos .
Cora, xa lle vale .