A Volta a Galicia: 56/ En Cecebre, con WFF

Wenceslao Fernández Flórez

Na Villa Florentina de Cecebre, a Fundación Wenceslao Fernández Flórez mantén viva a lembranza do escritor. Antonio Montero, Tareixa Moris, Alicia Congueira e moitos máis desenvolven unha actividade constante.

Cando chegamos á Villa, a primeiros de xuño, hai unha néboa que confunde o edificio e o bosque. O bosque animado, por suposto. As follas da fraga pingan a auga que amorean e alguén fai o chiste:

_¡Que novembro máis cálido!

Nada máis entrar no xardín aparece o espírito de don Wenceslao de corpo presente e xa non te abandona no tempo que esteas alí. Como fan os bos cicerones.

_Neste cuarto escribín moitos artigos e algúns libros _ di o creador de Fendetestas nun correcto idioma usado polas pantasmas_. Todos os exemplares desta librería están fichados, numerados e protexidos contra o deterioro polo meu irmán. Todas as críticas publicadas nos xornais están mecanografadas e encadernadas, tamén pola mesma persoa. Con esta máquina facía os cigarrillos e nese sillón botaba as cabezadas. O resto poden imaxinalo vostedes.

Don Wenceslao continúa moi correcto na nosa compaña ata o final da visita, pero case non volve abrir a boca.

_¿É sempre así? _ pregúntolle a Alicia.

_Ten días. Hoxe non estivo moi falangueiro. Hai mañás nas que colle o fío do malvado Pelegrín e non para ata as dúas.

_¿E como vai o contencioso de Julián Zugazagoitia e a memoria histórica?

_Fatal. Sentimos unha gran frustración cando o presidente do Congreso nos comunica que o acto cívico de irmanamento entre as familias F. Flórez e Zugazagoitia que celebraremos, non compete á memoria histórica. Xa sabe, Julián salva de morrer a Wenceslao e logo morre fusilado sen que o galego poda axudarlle.

_Huuummm…! _ escóitase bruar ao espírito do escritor.

Portada de Castro Gil para el Bosque Animado

6 Comentarios a “A Volta a Galicia: 56/ En Cecebre, con WFF”

  1. SEito

    Pena que desanimaran o bosque ca sombra perpetutua de arbores con folla venenosa e raíces esterilizadoras do chan;selvicultura lle chaman o feito de arrasar os montes e arredores con eucaliptos .

  2. Onita Mcavoy

    I’ve learned several important things via your post. I’d personally also like to convey that there can be situation in which you will make application for a loan and don’t need a cosigner such as a Federal government Student Support Loan. But when you are getting a loan through a regular creditor then you need to be willing to have a co-signer ready to help you. The lenders may base that decision on a few aspects but the most significant will be your credit score. There are some loan providers that will likewise look at your job history and determine based on this but in almost all cases it will depend on your credit score.

  3. Myrl Markoff

    One thing I would like to say is the fact that car insurance canceling is a terrifying experience so if you’re doing the best things as being a driver you’ll not get one. Some people do get the notice that they’ve been officially dropped by their insurance company they have to scramble to get supplemental insurance after the cancellation. Low-cost auto insurance rates are generally hard to get after a cancellation. Having the main reasons concerning the auto insurance termination can help individuals prevent sacrificing one of the most significant privileges readily available. Thanks for the suggestions shared by means of your blog.

  4. free movies downloads

    Does your blog have a contact page? I’m having a tough time locating it but, I’d like to shoot you an e-mail. I’ve got some ideas for your blog you might be interested in hearing. Either way, great blog and I look forward to seeing it improve over time.

  5. replica Louis Vuitton neckties

    Hello,guys,your blog is really great! I like it.

  6. breitling swiss replica

    Dn99yA thanks :)

Comenta