A Volta a Galicia: 55/ Cantantes da Estrada
Ramón Verea
No Concello de A Estrada hai un retrato de Alfonso XIII asinado por Jesús Corredoyra, e debaixo, un busto de Ramón Verea, copia do que lle puxeron en San Miguel de Curantes, a parroquia onde nace.
_Este home inventa a primeira calculadora da historia que resolve as operacións das catro regras _ comenta Olimpio Arca, autor dunha biografía de Verea.
_¿Quen? ¿Alfonso XIII?
Non, Verea no ano 1878. A máquina gárdase hoxe no museo de IBM.
Olimpio Arca sabe as historias de todos os estradenses que destacaron dentro e fóra da súa terra
_Aínda máis descoñecida hoxe que Verea é Mary Isaura, a cantante que representa o papel principal na estrea de Doña Francisquita, de Vives.
_Non é a única estrela musical vencellada a Estrada _ solta entón moi misterioso o historiador.
_Agora mesmo non me decato do que está a falar _ reacciona Olimpio _. Se fai o favor de explicarse…
_ Lembre. O 23 de setembro de 1933 Estrellita Castro estrea con grande éxito no teatro Romea o pasodobre Mi jaca, de Perelló y Mostazo. A data serve para sinalar o nacemento da copla.
_Certo. Estrella Castro Navarrete, a tonadillera, bailarina e actriz que será coñecida como Estrellita Castro, nace en Sevilla. É filla de José Castro Báscuas, natural de San Pedro de Ancorados, aquí na Estrada. Na capital andaluza casa coa malagueña Sebastiana Navarrete. Todas as biografías de Estrellita Castro salientan o seu debut en Sevilla cando só conta doce anos, aínda que en realidade xa actúa de xeito informal na Estrada, no lugar de Pousadela. Alí vai co pai e cunha irmá dous anos antes. Durante unha xira por América, mórrelle a nai en España e Fraga, sendo ministro, fai posible que sexa embalsamada pra que a cantante poda velo ao seu regreso.
Estrellita Castro
13 de Julio , 2011 - 12:16 pm
That which you mentioned designed a great deal of feeling. Yet, look at this, what if a person added a little articles? After all, We shouldn’t tell you how to operate your website, however what if a person extra some thing to be able to possibly acquire individuals attention? Just like a video clip or even a image or perhaps a couple of to have people pumped up about just what youve got to say. In my estimation, it could make your blog turn on slightly.