A Volta a Galicia: 54/ O metro de Bermés
José Rodríguez, en Bermés
En Santa María de Bermés dous nenos corren polo campo da feira. Hoxe chama a atención ver cousas así. Antes de entrar no campo hai unha placa que che advirte a quen está dedicado un busto que chantaron á esquerda. Non ven mal a placa porque a escultura está cuberta de líquen e axiña será un carballo máis naquel bosque urbano.
O busto, unha cachola pequerrecha coma se houbese medo de darlle máis tamaño, corresponde ao do matemático José Rodríguez González, que segundo dixo un dos científicos presentes, vén sendo a contribución galega ao nacemento do metro como unidade de medida universal.
_Pois si _ falou o historiador _, no ano 1795 os franceses acordan un único patrón de pesos e medidas para o seu territorio. Así comeza a instauración do sistema métrico decimal que en poucos anos será común á meirande parte do mundo. Un dos homes que o fan posible é o matemático de Bermés. Este líquen que vedes aquí.
_¿E como fixo pra medir un metro se non tiña metro algún?
_Rodríguez colabora cos físicos franceses Mèchain, Biot e Arago na medición do arco do meridiano entre Dunkerke e Barcelona, que a súa vez servirá para determinar a lonxitude do metro, isto é, “a dez millonésima parte do arco meridiano terrestre comprendido entre o Polo Norte e o Ecuador”.
_¡Carafio! ¡A ver quen fai máis preguntas! Por certo, ¿o nome da Meridiana de Barcelona vén por iso?
_O da Meridiana e o do Paralelo. Ámbolos dous lembran eses traballos de medición, que tamén son o antecedente do primeiro mapa de Galicia, obra dun discípulo de Rodríguez, o Ilustre Fontán.
_Mira ti pró Rodríguez…
_E non só por iso. Anos despois é proposto para a dirección do observatorio de San Petersburgo, e tras consultalo co Goberno español, non a acepta. Pode lelo na biografía que lle fai Aller.
Lembranza do cadrante do meridiano terrestre
12 de Octubre , 2010 - 13:30 pm
EN LA WEB”FUNDACION DOMINGO FONTAN”Y EN EL BLOG”EL CIENTIFICO DOMINGO FONTAN”SE HABLA DE D.JOSE RODRIGUEZ
SALUDOS
28 de Octubre , 2011 - 4:10 am
correct similar self-same greatest gathering as of you within the impending also. Popular certainty your creative inscription skills has inspired me to start my own BlogEngine weblog instantly.
Many thanks pertaining to discussing the following wonderful content on your internet site. I discovered it on google. I will check back again once you post extra aricles.