A Volta a Galicia: 30/ Becket de Caldas

Santo Tomás Becket, en plan rei de bastos

De novo por terras pontevedresas, o equipo cae de chope sobre Caldas de Reis. Os científicos falan da próxima visita e eu entendo que imos ver a casa do autor de “volverán las oscuras golondrinas”, pero logo xa me aclaran que non é Gustavo Adolfo, senón Tomás, e que non é Bécquer, senón Becket, que aínda que sexa parecido, non é o mesmo.

A parroquia do santo Tomás Becket é a única de Galicia que está dedicada a este santo inglés, arcebispo de Canterbury e víctima dunha conxura de catro cortesáns do rei Enrique II que lle dan matarile dentro da súa propia catedral.

O párroco, Juan Carlos García Barral, está encantado de que o santo interese aos científicos e préstase como cicerone da igrexa.

_¿E certo que Tomás Becket estivo en Caldas unha noite cando facía o camiño de Santiago desde Portugal? _ interroga a don Juan Carlos un dos científicos máis novos do grupo.

Antes de que fale o crego, interveño eu pra quitarlle ferro á pregunta:

_Desculpe ao rapaz, pero é que a mocidade quere saber as cousas de súpeto; chegar e encher. Non se dá de conta que iso do Becket hai que investigalo paseniño ata averiguar se é Becket, ou é Beckham.

_Non _ di o abade _, a min paréceme moi ben que a xente queira saber as cousas. O malo é cando non hai seguridade pra contestar.

_O que si é certo _ di o historiador _, é que hai seis séculos o escritor Geoffrey Chaucer pon en boca dos peregrinos de Becket os seus contos eróticos de Canterbury. E o Camiño de Santiago aínda non os ten.

_Non os terá escritos, pero feitos… perda vostede coidado que os peregrinos de Compostela son tan rebuldeiros coma os de Canterbury, ¡ou máis! _ esaxerei para pechar as comparanzas.

A igrexa de Caldas, collida de perfil

8 Comentarios a “A Volta a Galicia: 30/ Becket de Caldas”

  1. SEito

    ¡Ay ises Injleses¡ sempre vendendo o balompié como dominadores do marketin da nada que son .
    ¡Ser o no ser¡ e Polanco foi o carrallo cando un que non sabe Injlés colleu o mando do Joystyc, en paja de irse facer un home antes o Joyslava .
    Becket,Beckham …¡ onde esté a canteira que se quiten todos¡ ¡viva san Benitiño do ollo redondo¡ .

  2. Donte Minkoff

    One other issue is when you are in a circumstances where you will not have a cosigner then you may want to try to exhaust all of your financial aid options. You can get many grants and other scholarships and grants that will offer you funding to help with education expenses. Thanks alot : ) for the post.

  3. pinch

    in the industry of civil and constructions. This will be possible when you are undergoing the world’s best teaching place from the BPI training which will help in locating your seats in this competitive world. You can find that this BPI certification will

  4. roofing sheets

    regards mj

  5. tax relief

    After I start your Feed it seems to be a ton of garbage, is the problem on my side?

  6. hello

    3 ice

  7. cheapprivateproxy reviews

    Soon after study a number of of the blog posts on your internet site now, and I truly like your way of blogging. I bookmarked it to my bookmark web site list and are going to be checking back soon. Pls check out my web web-site also and let me know what you believe.

  8. find more about clicking this link

    I got what you intend,saved to my bookmarks, very decent site.

Comenta