A Volta a Galicia: 28/ Na Sarria de don Matías

A publicidade máis representativa de don Matías

Na publicidade que facía Matías López dos seus chiculates víanse dúas parellas de home e muller. Os primeiros estaban máis esfameados e fracos cun fungueiro de carro vello. Os outros, eran máis ben gordechos.

Matías López prometía carnes e graxas a cambio dunha boa e continua chocolatada. ¡Como cambian os tempos! Hoxe todas as lambetadas prometen xusto o contrario, que se as tomas, vas quedar coma o pao dunha basoira. Matías López non vendería hoxe nin dúas onzas.

Entramos en Sarria polo convento e co pensamento posto no inesquecible Víctor Villarabid. Un bico, Rocío. Logo baixamos ata o Concello onde andaban a celebrar oposicións pra unhas prazas de conxelados, rebaixados, ou coma chamen agora aos funcionarios. O tribunal tíñase constituído na sala onde están os retratos dos señores de Casa López, e como queira que os científicos foran alí pra tirarlles unhas fotos, terían que agardar ao remate máis de tres horas.

Ninguén se move por medo á autoridade tribunalicia, ata que a secretaria do señor alcalde _ que ben merece que non a conxelen _, entra na sala do Tribunal e di:

_Perdón, pero veñen recoller estes cadros para levalos ao Prado.

Arrampla con eles e sae dalí coma se tal cousa. Logo imos ao despacho do alcalde, don Claudio Garrido, que se atopaba de xestións en Lugo, e alí os científicos despregan os seus aparatos. No bo sentido, claro.

Nesas aparece pola porta a concelleira Violeta Bernardo. Saudámonos con dous bicos nas meixelas. Os meus máis fortes cos dos outros por unha amizade de anos.

_Oes, Violeta _ dígolle eu, retranqueiro_. A ver se adiviñas por que nace en Sarria un grandismo chiculateiro.

_Non sei _ contesta ela _. Se cadra porque os sarriáns son xente moi doce.

_¡Aí o tes, Hernán Cortés!

Matías López, fóra da sala

Un comentario a “A Volta a Galicia: 28/ Na Sarria de don Matías”

  1. Ubezpieczenia

    I consent with other comments. Good matter but bad delivery. You ought to boost your writing abilities.

Comenta