A Volta a Galicia: 27/ De Narón a Xapón

A publicidade do mago

Tiñamos cita no cemiterio de Narón co Óscar Gayoso e coa súa muller. Iamos visitar a tumba do querido amigo Rodríguez Saa, o máxico conde de Waldemar. E aló que fomos despois de parar un intre en Portomarín pra devolver as chaves do mosteiro de Loio que tiña na casa unha das Sabelas desde hai cinco ou seis anos.

Era un chiste. Foi o caso que o historiador dixo que nos seus tempos, aquelas ruínas foran un importante mosteiro dúplice. Oído isto, alguén pensou que aos monxes lles quedaría hoxe algún que outro duplex. E foi pedir as chaves.

Aínda hoxe se escoita na bisbarra o conto das chaves de Loio.

En Narón diriximos unha oración polo conde, que Deus teña na súa gloria; así coma a todos os que alí había, e a todos os que non.

Óscar é parente do mago e na súa lembranza bautiza o establecemento que ten no Camiño de Santiago, ao seu paso por Eirexe de Ligonde. Tamén chama “Conde de Waldemar” a un concurso que organiza cada ano por ver quen fai os mellores anzós e quen pesca máis troitas sen morte, é dicir, sen morte dos peixes, nin dos pescadores.

Os Gayoso gardan o arquivo persoal do mago; carteis, fotos, cartas _ das de mandar e das de xogar _, facturas, libretas, anotacións… Non é que lle chegue pra encher unha Fundación Cela, pero aínda son papeis.

Unha das fotografías é a famosa da historia do fusilamento. Vexan. Cando actúa en Xapón, os nipóns están en plena guerra cos chineses. Nun dos seus números, Waldemar aparece cun disfraz de Fu-Man-Chú; e fora por iso, ou polo que fora, uns soldados veñen prendelo pra pasalo polas armas. Xa que uns días antes actúa pró emperador, tiña unha fotografía dándolle a man. Tira dela na carteira e dilles:

_¿Mandouvos vir o meu amigo, o emperador do Xapón?

 

O conde saúda ao emperador

6 Comentarios a “A Volta a Galicia: 27/ De Narón a Xapón”

  1. ole

    “”

  2. Malachi Farmer

    Excellent point.

  3. surveillance

    Do you have a spam concern on this web site; I also am a blogger, and I was questioning your situation; we have produced some good methods and we are searching to swap solutions with other folks, be certain to fire me an e-mail if planning to pursue.

  4. how to build muscle

    Have you considered including some social bookmarking links to these sites. At least for twitter.

  5. a3177304

    I’ve said that least 3177304 times. The problem this like that is they are just too compilcated for the average bird, if you know what I mean

  6. fine furniture

    I really like that. You touched my heart!

Comenta