A Volta a Galicia: 26/ En Bustelo de Fisteos

A entrada a Bustelo

Nas “Historias que ninguén cre”, Fole di que antes de chegar a Fisteos, “pechouse tanto a nebra que houbo que poñe-lo auto a doce por hora”.

Nós non temos nebra. Cando pasamos por Fisteos o sol cae como sabe facelo en Quiroga. Non paramos porque a nosa meta é Bustelo de Fisteos, un pouco máis arriba.

En Bustelo fixéronse escenas de Sempre Xonxa, a película de Chano Piñeiro. Daquela, en 1988, eran quince almas. Hoxe, ou son cinco, ou son tres, segundo as fontes.

Camiñamos por entre as casas, a maioría pechadas, e veñen a noso encontro tres cans; un ladrador e dous que se achegan cheos de garatuxas. Os cans certifican que o home aínda non desapareceu por completo.

Minutos despois dos cans, unha moto emerxe a gran velocidade de non sei onde.

_Se estiveramos en Italia _ di o Xocas _, sería a moto de Fellini en Amarcord.

Durante bastante tempo escoitamos o motor do vehículo perdéndose polas árbores, ata que volve ao aire o canto dos paxaros.

_Cando Chano fala coa xente de Bustelo, días antes de rodar, descobre que a principal preocupación de todos eles é que, cando remate a rodaxe, todo quede como estaba antes de chegar a cinematografía.

_Lóxico. A ninguén lle agrada que lle revolvan as cousas. ¿E como as deixan eles?

_Supoño que ben. Entre outras cousas, Chano era un home formal e ordenado.

_¿Cantos anos ten cando morre?

_Menos de corenta.

_Máis. Aposto unha cea de chocos, luras e chipiróns a que ten máis.

_Xa. E logo, a ver quen cobra a aposta, como pasou cando xogastes por ver se os estudantes de Lugo levan uniforme, ou non.

_¿E o levan?

_Aínda non o averiguamos. Teñen días.

O Cartel de Chano

Un comentario a “A Volta a Galicia: 26/ En Bustelo de Fisteos”

  1. Ольга

    СПС.

    Я тут

Comenta