A Volta a Galicia: 22/ Chegada a Viveiro

Viveiro

Deixamos o Sor ás costas, e co río, a provincia de A Coruña. Dixo o director que tiñamos que atacar Viveiro polos montes. Así foi aínda que ningúen daba un duro por ver Covas despois daquelas curvas.

Visitamos, por fóra, o pazo de Grallal, e por dentro, o monumento aos náufragos da Magdalena e o Palomo, que aínda non se explica como foi que morreran tantos homes estando a poucos metros da terra.

_É lóxico que despois da traxedia a Armada non permita que un pai e un fillo sirvan no mesmo barco. Tampoco o Rei e o Príncipe poden viaxar xuntos, por se se escarabilla a liña sucesoria.

Cando os científicos rematan o investigacionismo na praia, recollemos os trebellos, xantamos no Pazo de Grallal e saímos correndo, coma se fosen pechar as portas da cidade, cara á capela do Ecce Homo da Misericordia, ou viceversa.

Cando estamos na ponte, dá en pasar por ella Hortensio Gómez, o Home Orquestra, que é un tipo moi musical e co que mantemos moi boas relacións.

Falamos un chisco con Hortensio sen baixar do coche, e como nuns segundos xa se estaba a formar un atasco disos que só hai na Castellana cando xoga o Madrid, mandámonos uns bicos aéreos e seguimos cada uno pró seu lado.

Os nosos pasos leváronnos a Santa María do Campo, onde agardaba a nosa chegada Carlos Adrán. O xefe quería facerlle unhas fotos á Virxe do Rosario e ao retablo que trouxo de Inglaterra o John Dutton, antes de facer o fillo que despois faría o pazo de Grallal. Carlos contoulle ao director o resultado dunhas investigacións que van revolucionar o mundo mariano e que van deixar sen fala aos coruñeses.

Pídolles permiso pra adiantar o exclusiva, pero din que non fale do que non sei.

_¡Madia leva! ¡Se chego a sabelo, xa me dirán onde carafio estaba a exclusiva!

A Virxe do Rosario de Viveiro

Comenta