A Volta a Galicia: 1/ A placa por fóra

 

A placa por dentro

Chamaron á porta como pra tirala. Eran os científicos:

_¡Esperta, langrán! ¡Chegou a hora!

Xa mesquecera da cita que tiña con eles. Pedíranme que lles fixera de bulto no coche durante os oitenta días e as súas setenta e nove noites que van pasar Galicia abaixo, Galicia arriba.

_¡Xa estou, ho! ¿Por onde comezamos?

_Imos a Madrid _ dixo o director, que é un tipo moi seriote.

_¿A Madrid? ¡Pois si que é unha volta a Galicia ben ampla! ¿Ou é que xa é nosa a capital pola conta da débeda histórica?

Non me respostaron e horas despois estabamos diante da igrexa de San Ildefonso falando co párroco, Pedro Muñoz. Foramos aló pra tomarlle unhas imaxes á placa que lle puxeron ao edificio os do Centro Galego, xa que alí foi onde casan Rosalía e mais o Murguía.

O crego deixounos abraiados coa súa acollida:

_Deberían sacar a placa de onde está. Se veñen cuns albaneis, eu doulles permiso.

_¿Tanto lle amola ter na igrexa a placa da voda de Rosalía de Castro? _ dixemos todos ao tempo.

_¡Por todos os Anxos Custodios! ¡Non é iso! O que pasa é que as igrexas que eu coñezo teñen as placas por fóra: “Eiquí está soterrado Cervantes… Eiquí casou Lope de Vega…”, e nós témola por dentro. Daquela ninguén sabe se no templo houbo a voda de Rosalía, ou a Primeira Comuñón da Pardo Bazán. Se vostedes falasen con alguén da Xunta…

_Hoxe mesmo temos unha xuntanza con Xosé Ramón Ónega, que é o director, delegado, embaixador… de Galicia, e perda coidado que llo diremos.

_Unha cousa máis. Hai meses rodaron na praza unha película e puxeron no centro un cruceiro de cartón-pedra. ¡Tiñan que ver o ben que prestaba! Se cadra por un pouco máis… ¡fan o cruceiro e todo!

Aquí quere don Pedro que lle poñan un cruceiro e máis a placa de Rosalía

 

3 Comentarios a “A Volta a Galicia: 1/ A placa por fóra”

  1. ZPfueunerror

    JUAN LUIS CEBRIAN, quien tuvo carné de prensa del Movimiento y desempeñó altos cargos de confianza en el franquismo y en TVE, (hoy ideólogo de cabecera zapatera dese el PAIS) dijo en enero de 1977, al defender la Ley de Amnistía:

    “Es imposible construir una democracia pacífica basada en el rencor, la revancha, o la prepotencia.
    (…) Sólo con un total olvido objetivo de los temas que nos dividieron sangrientamente podrán los españoles construir su nueva paz civil. No se trata de reparar hipotéticos errores de la justicia, sino de ejercitar el mutuo perdón humano. Hoy toca enterrar definitivamente nuestras diferencias”

Comenta