Unha vasca de Lugo

Unha edición de Juana

A autoridade literaria de Unamuno nos primeros anos do século XX é incuestionable. Se o Papa é infalible, Unamuno só es falible os 29 de febreiro.

Por iso, cando Juana de Ibarborou publica o seu primeiro poemario, Las lenguas de diamante, en 1919, envíalle apresurada un exemplar e agarda impaciente o seu xuízo.

Juana adxúntalle tamén outros tres libros y pídelle por favor que os remita a Juan Ramón Jiménez, Antonio e Manuel Machado, dos que non ten o seu enderezo en España.

Malia a súa prevención inicial contra ela, “por ser muller”. A reacción de Unamuno non pode ser máis favorable, pois se rende ante a calidade lírica da poeta que entón conta con 27 anos,

Ademais, di o escritor, “unha muller, unha noiva aquí en España, non escribiría versos como os de vostede”.

Refírese ás descricións eróticas do libro e á liberdade da autora dentro dunha relación de parella, por exemplo, cando convida ao seu namorado a ter sexo no campo.

En resumo, o santón Unamuno bendice coa súa man a chegada de Juana ao parnaso hispanoamericano e certifica o seu agrado cun posterior artigo laudatorio en La Nación de Bos Aires.

Pero ao final da carta de resposta, don Miguel pásase de listo e di: “Vexo polo seu apelido que ten vostede sangue vasco, pois o seu apelido, aínda que vostede o escribe á francesa, é vasco puro _ “cabeceira do val” significa _, e eu son vasco puro”.

O señor Vicente Fernández Rodríguez, natural de Vilanova de Lourenzá e pai de Juana, ben podería desmentir ao intelectual de Bilbao, pois o sangue da poetisa é galego de Lugo. Outra cousa é que o seu marido leve Ibarborou como apelido e a poeta quera asinar co seu nome de casada.

Claro que a Unamuno sempre lle quedaría o recurso de dicir:

_ Don Vicente, os de Bilbao nacemos onde nos peta.

Comenta