Un gobernador que castiga

César Torres fala en “La Clave” da morte de Lorca

César Torres Martínez, avogado de Caldas de Reis e afiliado á Izquierda Republicana, non chega a cumprir un ano no seu cargo de gobernador civil de Lugo, como é habitual nese momento. Concretamente, Torres está ao fronte da provincia desde xullo de 1932 a maio de 1933.

Polo San Froilán do 32 vén á cidade un lucense que vive todo o ano fóra e ao que chamaremos Balsa.

Unha mañá, Balsa pasea pola rúa da Libertad _ Reina ou Raíña _, na compaña dun amigo, redactor de El Progreso.

_ Quen é ese home, que non me soa de nada? _ pregúntalle ao xornalista.

_ É César Torres, o novo gobernador civil.

_ Ah! Pois entón imos coller por outro lado.

_ Por qué o dis? Torres é unha excelente persoa, dialogante e simpático. E como autoridade se pode dicir que é unha verdadeira malva. Non puxo unha multa desde que chega!

_ Pois a min aseguráronme que era un auténtico castigador.

O xornalista rompe a rir, e ao tempo que lle sinala a unhas rapazas que tamén pasean pola rúa, acláralle:

_ A esas, Balsa. A esas son as que castiga!

Torres casa o ano seguinte e será gobernador de Granada cando a morte de Lorca.

0

Unha sociedade cultural madrileña organiza unha semana de conferencias sobre variados temas, deses que sen ter moito interese, serven para presumir de intelectualidade.

A directiva pensa que sería un éxito sen precedentes lograr que Valle-Inclán pronuncie a conferencia de clausura e como na directiva hai un galego, pídenlle que faga a xestión co escritor.

_ Non vai ser doado _ adiántalles o galego, sabendo como é don Ramón.

De todos os xeitos, vai e obtén esta resposta do pontevedrés:

_ Nin eu coñezo a eses señores, nin eles me coñecen a min.

En castelán e con zeta, claro. E non foi.

Comenta