Dous sucedidos no mar

Salvador de Madariaga

Salvador de Madariaga vive fóra de España porque segundo as súas propias palabras, “calquera dos dous bandos me fusilaría”, que é unha proba da súa grandeza e da mediocridade na que caera España na década dos trinta.

Morre en Locarno (Suiza) o 14 de decembro de 1978 e xa nesa data sabemos da súa vontade de ser reducido a cinzas para trasladalas logo á súa cidade natal, A Coruña, e aventalas na ría, entre Punta Herminia e Punta de Mera.

Por unha cousa e outra, o proceso funerario demórase ata trece anos, tempo no que tamén morre a segunda muller de don Salvador, Emily Skezely, e as cinzas de ambos os dous mestúranse para seguir o mesmo destino.

O 13 de outubro de 1991, a familia Madariaga e as autoridades locais coruñesas _ Paco Vázquez como alcalde, Salvador Fernández Moreda como presidente da Deputación e outros _, soben ao remolcador da Dirección Xeral da Mariña Mercante Alonso de Chaves e afástanse do porto.

Cando consideran que chegaran ao lugar máis axeitado onde proceder, abren o cofre para botar as cinzas ao mar, pero un golpe de vento que vén de fronte arrebola o po do matrimonio contra as facianas e os abrigos dos presentes, que instintivamente tratan de sacudilo coas mans e compoñen unha escena cando menos, grotesca.

Daquela pódese dicir, polo tanto, que Madariaga repousa nos abrigos do poder local coruñés.

-0-

Téñoo escoitado na Mariña lucense e tamén en Vilagarcía, referido a Vilaxoán, e ao mellor non é de ningures. Era un mariñeiro que pescaba nunha lancha á que lle puxera o nome de Remedios por algunha muller da familia.

Andando o tempo, incorpóralle un motor e pensa que o seu é cambiarlle o nome. Colle pintura e pincel e onde había Remedios pódese ler agora: Que Reme Dios

Comenta