Velorio en Vigo

Wenceslao Fernández Flores

A noite vén moura como unlla de carboeiro, pero en Vigo os veciños de San Pedro de Sárdoma, entre Castrelos e Lavadores, achéganse á casa de Belarmino Rial, que morre nun accidente contra a tardiña dese 15 de febreiro de 1905.

Uns entran e outros saen, porque todos non caben dentro. Belarmino preside un dos cuartos, dentro da caixa, mal afeitado, coas mans cruzadas riba do peito e un vello rosario collido nos dedos. Atáronlle a queixada cun pano ao occipucio e metéronlle as puntas por debaixo para que non se viran.

Amortallado daquela maneira, o home estaba en condicións de baixar á terra cando o xordo bisbar das visitas se interrompe de súpeto ao ver que Belarmino ten a cachola medio erguida, coas puntas do pano cara arriba, coma se fose un coello en alerta, e di:

_ Ei, oh! Volvédeme doutro lado, que non me atopo ben deste!”

Alí non queda nin a familia, porque todos están convencidos de que falara a pantasma de Belarmino e non el mesmo, como lles explica o médico cando lles fala das mortes aparentes por mor da catalepsia. Logo volven e toman unha parva co morto que non o era, moi ledos e moi tranquilos.

-0-

Wenceslao Fernández Flórez entra nunha taberna de Betanzos cando maior é a súa sona e máis coñecido o seu bigote aló por los cincuenta.

No establecemento hai costume de escribir nas paredes, ben porque o cliente entra na categoría dos afamados, ben porque lle dá por aí, ou porque ten unha frase de eloxio ao mesón.

Por descontado, logo de servilo e cumplimentalo, o dono da taberna, solicita de WFF que colla un instrumento e escriba el na parede, como así o fai para poñer:

_Que ben vives, Leandro!

Leandro era o dono, claro.

Comenta